Loading images...
Contador reciclaxe


Categorías
Suscríbete!

Campamento pioneiro … voltando á orixe!

Como a Tropa e a Manda, a Esculta tamén se foi de campamento esta Semana Santa, sendo o lugar escollido Carral de Begonte, en Lugo.

Esta vez, decidimos abandonar totalmente as comodidades da civilización para internarnos completamente na vida na natureza indo sen ningunha instalación, salvo as que portabamos nós mesmos ata o lugar, que era de sobra coñecido polos máis veteranos do grupo. Ler o resto da entrada »

Cen anos deixando pegada

Este ano cúmprese o primeiro centenario da chegada a España do movemento scout. Así, en 1912 constituíuse o xerme do que hoxe é a nosa federación ASDE - Scouts de España, sendo tamén nese mesmo ano no que apareceu en Ourense o que foi o primeiro grupo scout en Galicia.

Este feito histórico ten unha gran relevancia para calquera scout e polo tanto non queremos deixar pasar a oportunidade de festexalo como merece. Para iso o noso grupo está a desenvolver un conxunto de proxectos que se enmarcan á súa vez nun programa de ASDE baixo o título pegada do centenario. Este programa pretende recoller iniciativas de celebración do centenario con caracter de servizo, que son as que mellor reflicten a nosa vocación e traballo para construír un mundo mellor, deixando así pegada… a nosa pegada scout!  Ler o resto da entrada »

Aventuras entre Oza dos Ríos e Cesuras

Pero que ben nolo pasamos en Oza dos Ríos! O primeiro a destacar ten que ser a enorme amabilidade e xenerosidade coa que nos dispensaron os veciños e veciñas da Regueira, poñendo á nosa disposición duas magnificas casas, separadas por tal só por 200 metros, o que nos brindou a posibilidade de ter os nosos propios espazos diferenciados para Manada e Tropa á vez que estabamos o suficientemente preto para poder reunirnos e facer nosos actos comunitarios en conxunto… que por algo son comunitarios! Ler o resto da entrada »

Apagamos as luces para acender o futuro

Este sábado 31 de marzo convidamos a todas as persoas que forman parte do noso grupo scout e ás súas familias a apagar as luces das súas casas entre as 20:30 a 21:30 h. Deste xeito estarémonos a unir a millóns de persoas en todo o mundo na celebración da Hora do planeta, por iniciativa da asociación ecoloxista WWF e apoiada por ASDE, coa que entre todos e todas pretenderemos chamar a atención sobre o coidado do planeta. Ler o resto da entrada »

3, 2, 1, … ¡Jugger!

O sabado 17 de marzo a Esculta Eengonyama púxose o seu mellor chandal para participar nunha actividade moi novidosa en Galicia: o Jugger. Wikipedia describe este deporte como unha mistura de Rugby, Beisbol e combate con armas (de espuma). Ler o resto da entrada »

A nova integrante da Manada está en África

A nosa Manada está moi motivada co seu proxecto ambiental e está a conseguir moitísimos avances no seu proxecto de Roots & Shoots recompilando móbiles para a súa posterior reciclaxe. Xa acadaron a asombrosa cifra de 70 móbiles recollidos en pouco máis de mes e medio de traballo.  Grazas á súa labor, enmarcada na campaña «mobilízate pola selva» do Instituto Jane Goodall , estes móbiles, xunto con outros moitos miles achegados por voluntarios e voluntarias da campaña que hai por toda España, servirán para reducir a demanda de coltán. Este mineral, imprescindible nos móbiles, está no centro dos conflitos bélicos que producen millóns de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. Ler o resto da entrada »

Campamento de Patrulla Mouchos … en directo! (ou case)

Aquí o relato case minuto a minuto dos acontecementos do campamento que a Patrulla Mouchos está desenvolver en Miño. Un novo experimento da nosa web. Logo será traducido como todas as entradas á web, pero polo de agora so estará dispoñible en galego.

Día I

09.45 horas. Chegada a Miño da patrulla completa. Examinan as instalacións, deixas as suas cousas de calquera xeito …. (ai! … animaliños!) e se dispoñen a recoñecer a finca onde van acampar.

Ler o resto da entrada »

Chegamos ás 10.000 visitas!

Pois en algo menos dun ano de actividade xa chegamos a unha máis que aceptable cifra de 10.000 visitas a este proxecto de comunicación que pretende divulgar as accións do noso grupo, tanto para que as persoas alleas a el poidan ter unha visión máis precisa da nosa vocación e labor educativo, coma para que todos os membros da nosa pequena familia scout e os seus achegados poidan tamén seguir o noso trepidante día a día. Ler o resto da entrada »

O «Ximnasio Hércules» desfilou pola Coruña


O sábado de entroido tivemos o día máis deportivo do ano, no que todo o grupo sacou músculo no noso Ximnasio Hércules. Despois dun par de semanas de traballo no local ideando e confeccionado os nosos disfraces e complementos participamos con entusiasmo no desfile de comparsas da Coruña un ano máis. Ler o resto da entrada »

Reunión de nais e pais este pasado domingo

Este pasado domingo celebramos unha pequena reunión coas nais e pais dos nosos rapaces e rapazas para informalos sobre aspectos importantes do funcionamento do grupo e do método scout no que se basea o noso traballo educativo, que aínda que non sexa ensino formal é tamén moi importante para a educación e o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

Durante a charla fíxose especial fincapé no importante que é manter unha asistencia regular ás reunións e especialmente aos campamentos, para que así os rapaces e rapazas poidan avanzar axeitadamente na súa progresión persoal e cumprir coas súas, liviás pero importantes, responsabilidades dentro do seu pequeno grupo, facilitando a súa integración. Ler o resto da entrada »